Con moita ilusión, e da man dos compañeir@s de Down Coruña (Asociación Síndrome de Down), levaremos a cabo unha serie de xornadas que pretenden acadar unha integración e participación activa en accións medio ambientais. Deste xeito, e coa natureza como referente, procuraremos seguir sumando esforzos e persoas que, dun xeito colaborativo e inclusivo, participen do coñecemento, a divulgación e a conservación do noso patrimonio natural.

Agardamos poder contaxiarlles a nosa paixón e respecto pola flora e fauna que nos rodea, chegando a consolidarse como novos Colaboradores no seo do noso Grupo.

Sen dúbida, agárdannos fermosas experiencias!