Un ano máis comprácenos anunciar a celebración da que será a VI xornada baixo a iniciativa Especie do Ano na Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, que neste 2019 centra a súa atención nun singular molusco bivalvo, a Náiade de río (Margaritifera margaritifera), presente nalgúns dos nosos ríos, co obxectivo de achegar á cidadanía o coñecemento e posta en valor desta especie, escollida Especie do Ano 2019 nesta Reserva.

Deste xeito, convidámosvos agora a participar na “Xornada sobre a Náiade de río en Galicia”, que terá lugar o vindeiro sábado, 26 de outubro do 2019, de 10 a 14 horas, na Aula da Natureza Juan Lembeye (C/Paseo da Ría do Burgo. 15670, Culleredo. Ver mapa de localización).

Nesta xornada non soamente teremos ocasión de coñecer polo miúdo a Náiade , protagonista neste 2019, senón tamén as súas interaccións con outras especies necesarias para a súa supervivencia, así como diversos e interesantes estudos e programas levados a cabo para a súa conservación.

A participación na xornada é de balde e aberta ao público, sendo as prazas abondosas aínda que limitadas (capacidade das instalacións), polo que se prega formalizar a inscrición previa a través do seguinte formulario online:

Acceso ao formulario de inscrición

 

PROGRAMA DA XORNADA
9:45 Recepción dos asistentes
10:00 Apertura da xornada
D. José Antonio Santiso Miramontes | Presidente da Reserva de Biosfera MCeTM
D. José Ramón Rioboo Castro | Alcalde do Concello de Culleredo.
D. Santiago Vázquez Casás | Vicepresidente do Grupo Naturalista Hábitat.
10:15 A iniciativa Especie do Ano: campañas, materiais e obxectivos
Dna. Elia Pérez Taboada | Vogal do Grupo Naturalista Hábitat
10:30 O reto de conservar unha náiade en perigo de extinción
Dna. Mª Paz Ondina Navarret | Doutora en Bioloxía e investigadora do grupo de “Conservación de Peixes e Moluscos” da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
11:30 Pausa
12:00 “Valoración del estado de las poblaciones de salmónidos en los ríos gallegos y perspectivas de futuro”
D. Francisco Hervella Rodriguez | Enxeñeiro de montes e Técnico superior ambiental na Área de Pesca fluvial da Xunta de Galicia.
13:00 As especies invasoras no medio fluvial e a Margaritifera margaritifera
D. Jesús Latas Zavala | Biólogo do Servizo de Patrimonio Natural na Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda de Lugo.
14:00 Peche da xornada
D. Manuel Cernadas Villar | Secretario do Grupo Naturalista Hábitat.

Dentro da iniciativa “Especie do Ano”, en marcha dende o pasado 2014, desenvólvense en cada campaña diversas accións, tales como a elaboración dun tríptico informativo sobre a especie elixida ou a celebración dunha xornada de relatorios con diferentes expertos na materia.

Descarga do tríptico informativo

 

Dúbidas e comentarios no 981 135 014 ou en inscricion@gnhabitat.org

Agardámoste!!!