Xa estamos preto da Celebración dos Días das Aves Migratorias 2023!!! Queres aprender sobre elas ou desfrutar dunha apaixonante xornada de campo tentando ver o maior número de especies nun só día? Pois xa agardámoste os vindeiros  12 e 14 de maio do 2023 nas V Xornadas sobre ornitoloxía na Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”. Coñecerás os mellores lugares para a observación de aves dentro da Reserva de Biosfera, como diferencialas, e pasarás dúas xornadas cheas de emocións, aprendizaxe e aves, moitas aves.

Non precisas ter coñecementos previos, só ganas de aprender ou saír ao campo e pasalo en grande. Cada xornada contará con ornitólogos experimentados para gozar ao máximo da actividade.

As xornadas, de balde e abertas ao público, terán lugar os vindeiros 12 de maio en xornada de tarde e o 14 de maio en xornada completa. Así e todo, para a participación en calquera delas é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través dos formularios habilitados. Podes formalizar a solicitude para a parte teórica, a práctica ou ás dúas.

Na primeira xornada, o venres, 12 de maio, de 19:30 a 21:30h e través dunha xornada formativa, iniciarémonos nesta disciplina en Culleredo. Veremos como diferenciar e identificar as especies de aves máis representativas presentes na nosa contorna, así como trucos e anécdotas da man de expertos ornitólogos con moitos anos de experiencia. Aprenderemos como empregar as ópticas e outros materiais usados no traballo de campo e aclararemos as posibles dúbidas que vaian xurdindo.

 

E na segunda xornada, o domingo, 14 de maio, saímos ao campo! Que mellor maneira de poñer en práctica os nosos coñecementos poñendoos a proba. Saímos ao campo na procura do maior número de especies de aves na X maratón da Reserva de Biosfera MCeTM.

 

Nas seguintes ligazóns podes acceder a toda a información relativa a esta segunda actividade. É importante que leas detidamente as bases de participación na maratón, nelas están explicadas polo miúdo as normas e requisitos para o bo desenvolvemento da xornada.

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de

participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza nas actividades ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da maratón, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar das actividades.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Os que o proban, sempre repíten! Anímate e ven connosco!