O vindeiro 30 de xullo de 2026, ás 20:30 h, convidámosvos á presentación do libro Estado de Conservación de los Anfibios y Reptiles de Galicia, unha nova publicación para comprender a situación actual da herpetofauna galega e os retos que afronta para a súa conservación.

A obra, elaborada por Martiño Cabana, Guillermo Velo-Antón, Pedro Galán, Fernando Martínez-Freiría, Ismael Espasandín, César Ayres Fernández e Moisés Asensi-Cabirta e editada por Fernando Martínez-Freiría, Ismael Espasandín, recompila o coñecemento máis actualizado sobre as especies de herpetofauna presentes en Galicia. Ao longo das súas páxinas analízase a situación das 40 especies galegas, identifícanse os principais factores que comprometen a súa conservación e achéganse criterios científicos para comprender o seu estado actual e os desafíos aos que se enfrontan. 

A presentación terá lugar no local social do Grupo Naturalista Hábitat e correrá a cargo de Ismael Espasandín, un dos autores da publicación, que compartirá coas persoas asistentes o proceso de elaboración da obra, as súas principais achegas e a importancia de mellorar o coñecemento e a conservación dos anfibios e réptiles en Galicia.

As prazas son limitadas. Para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat.

 

 

Esta actividade está subvencionada por Deputación da Coruña integrada no Programa de accións ambientais 2026.

Todos os participantes contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Agardámoste!