Cartel_RetiradaInvasoras_TorreHercules

O vindeiro domingo 2 de xullo, e como iniciativa encadrada nos actos de celebración dos 8 anos da Torre de Hércules na Lista do Patrimonio Mundial, convidámosche a participar nunha xornada de Voluntariado Ambiental dirixida á eliminación de Especies Exóticas Invasoras na contorna da Torre de Hércules-Punta Herminia.

A actividade, con previsión de temperaturas agradables e día despexado, desenvolverase en horario de 10:30 a 13:30h, e estará centrada na erradicación da uña de gato ou herba do coitelo (Carpobrotus edulis), incluida no Catálogo Español de Especies Exóticas Invasoras e referida no Libro de Plantas Invasoras de Galicia, e que se está a espallar na contorna comprometendo a diversidade biolóxica e restrinxindo o espazo ocupado por especies autóctonas.

A xornada será de balde e aberta ao público, sendo accesible para persoas de calquera idade. Así todo, os menores que queran asistir deberán vir acompañados dun representante legal. As prazas para a participación son limitadas, polo que é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

Acceso ao formulario de inscrición

En calquera caso seguirase unha rigurosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado. Todos os participantes que sexan confirmados contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada a conta das entidades promotoras e organizadoras, e recibirán vía email a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Anímate, ven connosco e axúdanos a protexer o Patrimonio Natural da nosa contorna!

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014