O domingo 29 de setembro faremos unha limpeza de residuos no rio Belelle en Neda, como parte das actividades do noso proxecto “Vixías dos nosos ríos”.
Este evento coincide coa iniciativa “XVII Limpeza simultánea de ríos”, que se celebra en toda Galicia.
Os familiares dos alumnos da Escola Semente de Trasancos, de Neda, serán os encargados de recoller o lixo que atopemos durante unha ruta polo rio Belelle, para reducir o impacto negativo que ten no ecosistema. Tamén haberá tempo de gozar da contorna e dos valores naturais do rio, da man dos guías do Grupo Naturalista Hábitat.
Esta actividade encádrase no programa “Vixías dos nosos ríos”, un proxecto do Grupo Naturalista Hábitat subvencionado por Augas de Galicia.
Dúbidas e comentarios en vixiasrios@gnhabitat.org│639 13 16 88

Leave A Comment