Dende Hábitat continuamos coa nosa aposta pola divulgación entre os máis novos. Proximamente, da man dos nen@s do Colexio Compañía de María da Coruña, aprenderemos sobre a fauna e flora presente na contorna da Torre de Hércules, espazo de referencia na nosa cidade e foco de intensos esforzos por parte da nosa entidade co gallo da súa mellora ambiental.

Seguiremos esforzándonos por impulsar futuras xeracións de grandes naturalistas!