O vindeiro martes 19 de decembro os compañeiros Carla Soaje e Dani Monteagudo continuarán a difundir e presentar o noso Proxecto Noucho aos amigos do IES Sanxenxo.

Esta iniciativa do G.N.Hábitat creada por naturalistas e estudosos das aves, ten como obxectivo mellorar o estado de conservación dos nosos benqueridos mouchos, bufos, avelaionas e curuxas, poñendo en valor as rapinas nocturnas ante institucións e público en xeral. Facendo fincapé sobre todo entre os máis novos.

Dende aquí, agradecer aos compañeiros do IES Sanxenxo pola súa acollida.