O pasado domingo 17 de decembro celebramos novamente o noso xa tradicional CoruñAves: IX maratón ornitolóxica no Concello da Coruña que marca case o colofón ás actividades do grupo neste 2017. Como todos os anos resultou unha fermosa xornada en contacto coa natureza, na que nos acompañou a meteoroloxía cunha maña agradable e soleada, pero sobre todo grazas a os 27 participantes que compartiron connosco a paixón polas aves.
Divididos en 6 equipos, acadaronse un total de 66 especies de aves observadas nas pouco máis de 3 horas de competición, sen saír do concello da Coruña. Estas cifras refrendan un ano máis a riqueza ornitolóxica da nosa contorna máis próxima, facendo desta actividade unha ledicia para expertos e afeizoados ás aves.
Achegamos a continuación o listado de especies detectadas na xornada polos diferentes equipos:
Á listaxe anterior súmanse a subespecie Lavandeira enlutada –Motacilla alba yarrelli– que foi definitoria e fixo cambiar as tornas para decidir o gañador nun reconto de especies apaixoante ate o derradeiro intre, cun primeiro e segundo clasificado a só un punto de diferencia.
Dende Hábitat dámoslle a noraboa ao equipo gañador, e o noso máis sincero agradecemento a todos os participantes que viñeron connosco, por facer posible unha xornada tan apaixoante como fermosa… Agardámosvos na seguinte actividade!
Financia:
#CulturaAmbiental
Leave A Comment