De novo gran participación nesta edición, a pesares de todas as limitacións existentes, nenos e maiores de todas a idades achegáronse un ano máis á natureza a través do debuxo, mostrando as súas capacidades artísticas logo de participar no VIII Certame de Debuxo da Natureza “Vida silvestre do encoro de Cecebre”.
Esta nova convocatoria foi denominada co título “Natureza viaxeira“, pretendendo poñer en valor a aquelas especies viaxeiras, ás que veñen dende moi lonxe a visitarnos todos os anos en primavera para críar ou a pasar o inverno, e as que están con nós todo o ano, pero que non teñen unha capacidade de dispersión moi grande e recurren a impresionantes estratexias para dispersarse e aumentar as súas poboacións, como por exemplo, plantas que empregan ós animais ou ó vento para a dispersión das sementes.
Este ano achegáronse un total de 322 ilustracións, dun total de 241 participantes, mantendo a gran participación das edicións anteriores!
O reparto por categorías foi o seguinte:
- 1ª Categoría (menores de 14 anos): 186 ilustracións, dun total de 149 participantes.
- 2ª Categoría (maiores de 14 anos): 136 ilustracdións, dun total de 92 participantes.
Moitas grazas a todos pola vosa participación!
Continuamos agora co proceso. Nos vindeiros días o xurado fará a selección das obras gañadoras, que serán publicadas na nosa web gnhabitat.org segundo o especificado no apartado 9 das bases reguladoras…Estade atentos!
Promove: Colabora:




Leave A Comment