Nestes días, da man dos alumnos do CEIP San Pedro de Visma, desenvolveremos unha serie de xornadas dirixidas á revisión, acondicionamento e posta en valor dos refuxios de fauna. De xeito concreto, traballaremos nas caixas niño para aves colocadas nas instalacións do centro, revisaremos o seu estado, limparemos, arranxaremos e deixaremos estes recursos en óptimo estado para que sirvan de lugar de refuxio e cría de cara a vindeira tempada.

De seguro que o pasaremos ben, e aproveitaremos para ensinar aos rapaces a diversidade de aves da nosa contorna