O vindeiro venres 12 de maio os compañeiros Carla Soaje e Daniel Monteagudo continúan a súa andaina por Galicia presentando o Proxecto Noucho, que pretende a posta en valor das nosas benqueridas rapinas nocturnas.
Nesta ocasión, dámoslle as grazas pola súa acollida ao Centro de Interpretación da Natureza de Siradella (O Grove), situado no cume do monte homónimo (ver localización no mapa), onde se desenvolverá o relatorio nun fermoso marco paisaxístico. Así mesmo, logo da presentación farase unha excursión guiada para a observación de aves e demais fauna nocturna, da man do compañeiro e biólogo Damián Romay, rematando a xornada xa entrada a madrugada.
A actividade é de balde, mais é imprescindible a inscrición previa a través dos seguintes contactos:
auladasiradella@gmail.com
986680284 – 618240260
Agardámosche!

Leave A Comment