Un ano máis comprácenos anunciar a celebración dunha nova edición das Xornadas Micolóxicas, que neste 2023 coorganizamos a Asociación Micolóxica Coruñesa (AMC) e o G.N.Hábitat. Unha proposta de Outono Micolóxico, co que se pretende achegar o abraiante mundo dos cogomelos a toda a cidadanía, da man de expertos e compañeir@s da AMC. Diversas actividades terán cabida nesta ambiciosa iniciativa, que se celebrará na Coruña nas datas do 13 ao 19 de novembro.

Programa do Outono Micolóxico (oitavas Xornadas Micolóxicas)

  • Luns, 13 de novembro, de 21 a 22h.

“Luns micolóxicos” no bar Pío Pío (rúa San Xosé, 19) – Identificación de exemplares de fungos.

  • Martes, 14 de novembro, de 20:30 a 22h.

“Introdución á micoloxia”Charla a cargo de Fernando Ramos.

  • Xoves, 16 de novembro, de 20:30 a 22h.

“Introdución á taxonomía dos basidiomicetos, estudo dos xéneros máis comúns”Charla a cargo de Chemi Traba Velay.

  • Venres, 17 de novembro, de 20:30 a 22h.

O xénero Amanita en GaliciaCharla a cargo de Mónica Saavedra.

  • Sábado, 18 de novembro, todo o día.

Recollida de cogomelos para a exposición do domingo.

  • Domingo, 19 de novembro, de 10:30 a 14:30h. 

Gran exposición de cogomelos no Campo da Leña (A Coruña).

E por se o precisas:

As charlas do martes, xoves e venres, de balde e abertas ao público, terán lugar no local social do G.N.Hábitat (rúa Camariñas 8, baixo. 15002, A Coruña –ver localización no mapa-). Para a asistencia e participación en calquera delas será imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

As prazas para a asistencia ás charlas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación establecido. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Dúbidas e comentarios:

  • Sobre o programa de actividades, temáticas e relatores ➡️ Asociación Micolóxica Coruñesa: asociacionmicoloxicacorunesa@gmail.com
  • Sobre o proceso de inscrición e prazas nas charlas ➡️ Grupo Naturalista Hábitat: inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Achégate ao apaixonante mundo dos cogomelos!