O vindeiro domingo 22 de setembro do 2019, a partir das 18 horas, o G. N. Hábitat en colaboración co equipo de Voluntariado Social do concello de Bergondo,  levará a cabo un obradoiro sobre observación de aves.

Dende o observatorio ornitolóxico do Pazo de Mariñan e da man do noso compañeiro Santiago Vázquez, experto ornitólogo tras moitos anos adicados ao estudo e observación, descubriremos os segredos que agochan as aves que viven nestas fermosas marismas, aprenderemos a identificar ás máis comúns e coñeceremos anécdotas e curiosidades ligadas a este espazo e ás aves que o habitan.

A xornada é de balde e aberta ao público. Así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) chamando ao Concello de Bergondo ao teléfono 981 79 12 52 – ext.3

Máis información

 

Anímate e ven connosco!!