A noite de San Xoán é unha das máis máxicas do ano, chea de tradicións vencelladas á natureza. Entre elas, destaca o costume de recoller e deixar en auga as chamadas “herbas de San Xoán”, unha mestura de plantas aromáticas e silvestres ás que se lles atribúen propiedades especiais nesta noite.

Dende o Grupo Naturalista Hábitat queremos propoñervos unha forma diferente de achegarvos a esta tradición: un obradoiro de ilustración botánica en acuarela, onde aprenderemos a recoñecer e debuxar as diferentes herbas de San Xoán que forman parte desta mestura tradicional. Da man da ilustradora Alo, mergullarémonos no mundo da acuarela exploraremos como, a través do debuxo, podemos plasmar os pequenos detalles que definen a cada unha das especies.

A xornada terá lugar o venres, 20 de xuño de 2025, de 17 a 21h, e consistirá nun obradoiro ao aire libre en Carral ao lado do río Brexa e baixo a sombra do seu bosque de ribeira. Esta actividade está orientada a maiores de 14 anos.

Tes ata o xoves, 19 de xuño do 2025, ás 23h para inscribirte!! 

Este curso ten un custo de:

  • Socios/as G.N. Hábitat:
    • Maiores de 14 anos: 10€
  • Non Socios/as G.N. Hábitat:
    • Maiores de 14 anos: 15€

Lembramos que para participar é imprescindible realizar a inscrición previa e formalizar o pago dentro do prazo establecido. Non se permitirá a asistencia de persoas que non estean inscritas ou que non teñan completado o proceso de pago en tempo e forma.

Todas as persoas participantes estarán cubertas cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da actividade. Ademais, recibirán toda a información necesaria e as recomendacións oportunas para garantir unha experiencia segura e satisfactoria.

Pregamos compromiso e responsabilidade á hora de asistir. No caso de non poder participar tras confirmar a túa praza, agradeceriamos que nos informaras canto antes. Deste xeito, poderemos ofrecer esa praza a outra persoa interesada e contribuír a que máis xente poida desfrutar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven connosco!