Desde o Grupo Naturalista Hábitat sumámonos á declaración conxunta asinada por máis de 25 entidades ecoloxistas de todo o Estado para demandar a ampliación das moratorias ás novas plantacións de eucalipto en Galicia e Biscaia ata, polo menos, o ano 2030, así como a súa extensión a outros territorios do norte peninsular, como Asturias, Cantabria, Áraba e Guipúscoa.
As cifras actuais amosan un crecemento alarmante das plantacións de eucalipto, con máis de 419.000 hectáreas en Galicia, que supoñen unha seria ameaza para a biodiversidade, os ecosistemas naturais e mesmo para o equilibrio económico e produtivo do sector forestal.
O manifesto denuncia a substitución masiva de coníferas por eucaliptos debido a pragas forestais, o risco de monocultivo industrial, e a expansión desta árbore en espazos naturais protexidos como as Fragas do Eume. Tamén se reclama o cumprimento efectivo das planificacións forestais, unha xestión máis diversa e resiliente, e a retirada de proxectos altamente demandantes desta madeira, como a fábrica de celulosa de ALTRI en Palas de Rei.
Dende o G.N. Hábitat defendemos unha política forestal baseada na conservación da biodiversidade, a restauración ecolóxica e a promoción de modelos produtivos responsables e adaptados ao cambio climático.
Podes descargar a declaración completa aquí:

Leave A Comment