Grupo Naturalista Hábitat ven de asinar un novo convenio de colaboración con Integra Coruña, para acoller dous participantes do programa Erasmus +, iniciativa de prácticas formativas para impulsar as perspectivas laborais e o desenvolvemento persoal dos mozos e mozas.

Na súa estancia connosco, que se prolongará durante o mes de xullo, as que xa son novas compañeiras de Hábitat aprenderán, axudarán e participarán nas diferentes iniciativas do Grupo, de xeito que poderán ver como funciona unha entidade sen ánimo de lucro que traballa pola conservación, estudo e divulgación do Patrimonio Natural galego.

Agardamos que a súa estancia connosco sexa de proveito…benvidas Alessia e Sara!