Comprácenos comunicar o inicio dun novo espazo nas ondas de radio dedicado á natureza, e que contará coa colaboración dos compañeiros de Hábitat. Un tempo semanal de conversa no que falaremos de fauna, flora, espazos naturais e demais cuestións de interese no eido do naturalismo, promovendo unha corrente de interese polo coñecemento e a conservación do noso patrimonio natural, continuando deste xeito coa nosa aposta pola divulgación ambiental.

Onda Cero Coruña será a emisora que apadriñará este novo espazo, integrado no marco do programa Más de uno A Coruña que desenvolve a cadea. As emisións serán os mércores de 13:05 a 13:15h, podendo seguirse sintonizando o dial no 89.2 FM (A Coruña) ou no 99.3 FM (Ferrol). Así mesmo, os programas poderán ser escoitados posteriormente grazas aos podcast que a emisora poñerá a disposición no espazo web do programa.

Xa sabes, acende a radio e empápate de natureza!