O xoves, 12 de setembro do 2019 de 17:00h a 21:00h, terá lugar a 5ª actividade de Hábitat Protexe, nesta ocasión, cun taller de identificación de algas.

A actividade correrá a cargo de Dra. Pilar Díaz Tapia, investigadora da Universidade da Coruña, ten publicado numerosos artigos en revistas científicas internacionais, nos que ten descrito un elevado número de especies crípticas de algas descoñecidas para a ciencia. Asemade, ten realizado estudos da flora ficolóxica e evolución das algas en diversos países, incluíndo Australia, Brasil, Francia, Reino Unido e Portugal. Na actualidade, Pilar Díaz Tapia compaxina os estudos sobre a taxonomía das algas vermellas coa análise do impacto do cambio climático sobre as poboacións algais, con especial énfase na costa galega.

A actividade realizarase nas instalacións da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña. As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. Para poder asistir tes que inscribirte neste formulario:

Acceso ao formulario de inscrición

Tes ata o 10 de setembro do 2019 para inscribirte.

Logo no correo de confirmación recibirás as instrucións para realizar o abono:

  • Socios G.N. Hábitat: Gratuíto (as cotas de socio do G.N.Hábitat xa aportan anualmente a entidades de custodia).
  • Adultos (maiores de 18 anos): 5€

Se quixeses aportar máis á entidade coa que participamos nesta actividade será moi ben recibido, axudará a protexer o noso.

O recadado destinarase INTEGRAMENTE á entidade de custodia: : Fundación Fragas do Mandeo (FFM). Esta entidade foi fundada no 2010 có obxectivo adquirir e custodiar parcelas de alto valor ambiental en As Mariñas (A Coruña), en especial no espazo natural protexido ZEC Betanzos-Mandeo. Actualmente, FFM ten en custodia 268.340 m2, en lugares como o Monte da Espenuca (Coirós), a Lagoa de Sobrado (Sobrado dos Monxes) ou ribeiras de ríos coma o Mandeo (Aranga) ou o Mendo (Oza-Cesuras).

É importante que recordes que para asistir a estas actividades é necesaria a inscrición previa e o pago por anticipado. Non se admitirán na actividade a persoas non apuntadas ou que non fixesen o pago no prazo establecido. 

Todos os participantes contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven connosco!