Queres formar parte da historia natural da Torre de Hércules, axudando na conservación da súa contorna? Pois velaquí tes unha nova oportunidade! O programa “Natureza kmØ” volverá a este espazo o domingo, 21 de xuño do 2026, nesta ocasión con dúas quendas (ás 11h e ás 16h) para escoller segundo as túas preferencias. Continuaremos coas tarefas de retirada de especies exóticas invasoras, devolvéndolle espazo á vexetación nativa e promovendo a mellora dos hábitats de interese comunitaria que alí se topan.

* Sabías que a presencia de especies exóticas invasoras está considerada pola comunidade científica coma un dos principais factores como maior incidencia na perda de biodiversidade? Esta realidade fai necesario, e conveniente, o densenvolvemento de campañas de permitan a conservación dos hábitat natuais. Nesta liña, as tarefas que desenvolve o G.N.Hábitat na contorna da Torre están ademais en sintonía co cumprimento dos obxectivos que establece o Plan de Conservación aprobado neste espazo protexido. E nós, con estas dúas sesións, acadaremos xa as 97 xornadas de traballo no ENIL! Unha tarefa na que, grazas ao voluntariado, imos avanzando de xeito incansable dende o pasado ano 2018.

A actividade, de balde e aberta ao público. Para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G. N. Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Agardámoste!