Este domingo, 21 de xuño de 2026, de 10:30 a 13:30 h, estaremos dando un paseo nas brañas do río Sar, en Santiago de Compostela, para descubrir as herbas de San Xoán e as historias que as acompañan desde hai xeracións.
Ao longo dun agradable paseo interpretativo coñeceremos algunhas das plantas máis vinculadas a esta tradición tan arraigada en Galicia, falaremos dos seus usos populares, das crenzas asociadas á noite de San Xoán e da importancia que tiveron na cultura tradicional.
Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Esta actividade está integrada no Programa de accións ambientais 2026 coa Deputación da Coruña.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Un encontro para descubrir a estreita relación entre natureza, tradición e patrimonio cultural, nunha das épocas máis especiais do ano.
Achégate connosco!

Leave A Comment