O programa “Natureza kmØ” achégase de novo á Torre de Hércules co obxectivo de divulgar, recoñecer e respectar a diversidade biolóxica e os hábitats máis representativos deste Espazo Natural de Interese Local (ENIL). Unha xornada de descuberta e conversa sobre a fauna, a flora e a situación ambiental deste emblemático enclave da nosa cidade, para compartir con quen desexe achegarse a esta pequena andaina.
A actividade, de balde e aberta ao público, se levará a cabo o vindeiro domingo, 29 de marzo do 2026, ás 16:30h, pola contorna do ENIL Torre de Hércules. Para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G. N. Hábitat a través do correo electrónico achegado.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Agardámoste!

Leave A Comment