Diapositiva 1

Como agradecerlle a alguén que o ten dado todo por Hábitat? Non hai palabras abondo. Os que coñecemos a Santi sabemos que Hábitat forma parte inseparable da súa vida dende hai moitos anos, e sen remedio todos os que o van coñecendo vense contaxiados, dun xeito ou doutro, polo cariño e a humildade coas que transmite a súa paixón pola natureza.

Son moitas as xornadas de campo que leva ás costas e innumerables as horas investidas traballando en prol do medio ambiente, sempre preocupado por atopar sinerxias, achegar posturas e porque os que lle rodean aprendan e se enganchen desta fermosa filosofía de vida, máis ca afección, que é o naturalismo.

Deixa a Presidencia nun momento en que Hábitat colle día a día maís forza, abofé en gran parte grazas aos seus esforzos, pero de ningún modo se aparta desta entidade que tanto lle debe, e na que seguirá aportando a súa experiencia, coñecementos e calidade humana.

Grazas Santi!  por xente coma ti Hábitat é moito máis ca un Grupo, é unha gran familia!

Deixas unha pegada inesquecible, e o listón moi alto para os vindeiros presidentes.

Seguimos traballando!