Tras dous anos de parada obrigada pola situación sanitaria, os compañeiros da Fundación Fragas do Mandeo retoman esta fermosa iniciativa e organizan, entre os días 17 e 25 de setembro, a que será a novena edición da Semana de Custodia do Territorio. Evento que ten como misión difundir entre os cidadáns a necesidade da súa implicación directa na conservación do noso patrimonio natural a través da figura da custodia do territorio, participando como voluntari@s e doadores nas actuacións de mellora dos espazos naturais da nosa bisbarra.

O programa 2022, que leva por título “A natureza mariñán diante dun futuro incerto“, inclúe a celebración das seguintes actividades:

  • Sétima edición da eco-regata na ría de Betanzos, na que os voluntarios volverán ra ecoller lixo no xuncal ▶ sábado día 17
  • Conferencia telemática sobre os bosques e turbeiras da nosa da bisbarra, polo Dr. Joaquín Giménez de Azcárate, botánico da USC ▶ xoves día 22
  • Xornada de voluntariado no río Mendo, dentro da limpeza simultánea dos ríos galegos ▶ domingo día 25

Poderás ver toda a información detallada das xornadas, descargar o cartel e acceder ao programa de actividades na seguinte ligazón á web de Fragas do Mandeo:

🔊Para apuntarte nas actividades non esquezas poñerte en contacto coa organización no teléfono 981 105 903 ou enviando un correo electrónico a correo@fragasdomandeo.org cos teus datos (nome completo, DNI, data de nacemento, móbil, concello de residencia e actividades nas que desexas participar). Deste xeito terás a cobertura do seguro de accidentes, recibirás indicacións detalladas por adiantado e facilitarasnos a organización.

Podes serguir o directo na nosa canle de Youtube:

Anímate!