Dende o Grupo Naturalista Hábitat comprácenos comunicarvos que xa tedes a vosa disposición, na sección de publicacións da nosa páxina web, unha nova Mobella, neste caso xa a número 24 que atinxe ao bienio 20/2021 que, coma sempre, ven cargada de novidades e artigos tremendamente interesantes para todos os afeccionados ao naturalismo.
Para ir abrindo boca do que podedes atopar nas súas páxinas: Na sección dos nosos grupos de traballo atoparedes artigos da sinopse da actividade do Grupo de Anelamento Hércules entre os anos 2009-2020, a Píllara das dunas en Baldaio no ano 2020 ou o primeiro informe do Proxecto Noucho. Nas seccións de proxectos e divulgación coñeceremos a Caracterización da flora da praia da Alameda, o resumo do Proxecto IPC 2020, as notas sobre a historia natural da lagoa de Traba entre os anos 1991-2013 e unha escolma literaria sobre as plantas.
Non a perdades!!!

Leave A Comment