O vindeiro sábado, 7 de setembro do 2019, realizarase no Monte da Fraga (contorna da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña, Campus da Zapateira), unha mostraxe nocturna de lepidópteros para dar a coñecer a gran diversidade de este grupo de insectos e as súas características máis curiosas, organizado pola Oficina de Medio Ambiente desta Universidade da man do G.N.Hábitat

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar de 22:00-01:00h. Así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

Acceso ao formulario de inscrición

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigurosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven connosco a descubrir as avelaíñas do Monte da Fraga!