Temos o pracer de lanzar o I Curso práctico de identificación de plumas da man do noso compañeiro, Roberto Vidal é ornitólogo e un gran coñecedor da plumaxe das aves presentes na Península Ibérica, ademais de ser o Responsable do Grupo de Traballo da Píllara das dunas no G.N. Hábitat.
Este I Curso Práctico de Identificación de Plumas dividirase en dúas xornadas: unha sesión teórica e dúas prácticas:
Charla e taller práctico: Venres, 25 de novembro do 2022, de 20h a 22h, terá lugar no local social do G.N.Hábitat cunha charla teórica de introdución ás aves e plumas e datos interesantes, e unha segunda parte será unha práctica para introducir á identificación das plumas como medio para o coñecemento da presenza de especies de aves.
Saída práctica: Domingo, 27 de novembro do 2022, de 10:30h a 13:30h, realizarase unha saída na Praia de Baldaio (Carballo) para poñer en práctica todos os coñecementos adquiridos o día anterior.
Este curso está dirixido a estudantes e naturalistas entusiastas. Así e todo, para a participación en calquera delas é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado. As prazas son limitadas. Ao rematar o curso entregarase un certificado de asistencia e aproveitamento co número de horas teóricas e prácticas recibidas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación.
Tes ata o xoves, 24 de novembro do 2022, ás 18h para inscribirte!!
Este curso ten un custo de:
- Socios/as G.N. Hábitat: 8 €
- Adultos/as (maiores de 14 anos): 15 €
O importe recadado deste curso irá destinado ao Grupo Naturalista Hábitat por petición do poñente para aumentar os recursos dispoñibles para próximos cursos.
Non perdades esta oportunidade!! Anímate a descubrir o interesante mundo da identificación das plumas con nós!!

Leave A Comment