O vindeiro sábado, 26 de novembro do 2022, terá lugar a xornada titulada “Diversidade Específica do solo ligada ás prácticas tradicionais agrogandeiras no ZEC Ancares-Courel“, organizada polo Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) e o G. N. Hábitat na Estación Científica de O Courel.
Nela exporanse publicamente os resultados obtidos tras o campo de ensaio levado a cabo ao longo deste ano 2022 na Serra de O Courel.
A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o vindeiro 26 de novembro ás 10h. Así e todo, para a participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.
Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.
Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Anímate e ven connosco!

Leave A Comment