Este venres, 19 de setembro do 2025, a partir das 16:00h, xuntarémonos na contorna do río Veiga (Guitiriz) para realizar unha limpeza de lixo, no marco do Festival de Cine de Roca. Este evento coincide coa “XVIII Limpeza Simultánea de Ríos”, que se celebra en toda Galicia. As persoas participantes na actividade encargaránse de recoller o lixo abandonado ao carón do río Veiga, para reducir o impacto negativo que ten no ecosistema. Tamén haberá tempo de gozar dunha ruta de descuberta dos valores naturais do rio, da man dos guías do G.N.Hábitat.

A xornada é de balde e aberta ao público de calquera idade. Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán vía email a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014

Agardámoste!