O vindeiro domingo, 28 de setembro do 2025, levaremos a cabo unha nova actividade no marco do noso programa BioDiversidade. Unha iniciativa do G.N.Hábitat coa que procuramos unha #naturezainclusiva, prestando especial atención a usuarios, achegados (respiro familiar) e organizacións que traballan pola diversidade funcional, colectivos vulnerables ou en risco de exclusión, promovendo a integración e a participación activa en materia de coñecemento, divulgación e conservación do patrimonio natural.
Desta volta teremos a sorte de compartir tempo e coñecementos cun grupo de usuari@s da Asociación de Cáncer Infantil y Juvenil de Galicia (ASANOG), cos que realizaremos unha andaina ambiental pola costa da Coruña onde aprender a identificar, recoñecer e respectar a diversidade biolóxica e os hábitats máis representativos da nosa contorna.
Unha nova xornada de achegamento á natureza! Seguro que o pasaremos moi ben.

Leave A Comment