Este xoves visitaremos o Colexio Plurilingüe Franciscanos, na Coruña, para falar dun tema tan importante como preocupante: o lixo mariño.
Tratando cuestións como os residuos domésticos, a separación en orixe, as fontes de lixo mariño e as consecuencias negativas que provoca, concienciaremos ao alumnado de 1º da ESO sobre estas problemáticas. Tamén lles daremos as chaves para desenvolver limpezas de praias con seguridade, sen causar dano ao medio natural e, de paso, gozar da flora e fauna que atopen.
Na man de todos está un futuro mellor para os nosos mares e costas!

Leave A Comment