O Grupo Naturalista Hábitat ven de asinar un novo convenio de colaboración con Integra Coruña, dirixido a acoller persoal no marco do programa Erasmus+: iniciativa de prácticas formativas para impulsar as perspectivas laborais e o desenvolvemento persoal dos mozos e mozas.

Durante a súa estancia connosco, que se prolongará ata finais do mes de marzo, a que xa é nova compañeira de Hábitat axudará e participará activamente nas diferentes iniciativas do Grupo, de xeito que poderá adquirir coñecementos, compartir experiencias e vivir de primeira man como funciona unha entidade sen ánimo de lucro que traballa a prol da conservación, o estudo e divulgación do Patrimonio Natural.

Agardamos que a súa estancia connosco sexa de proveito. Polo de agora, xa está mans á obra colaborando nos estudos sobre especies invasoras da nosa contorna.

Benvida, Valentine!!