Nesta fin de semana celébrase en Galicia a IX Limpeza Simultánea de Praias, iniciativa promovida pol@s compañeir@s da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), co obxectivo de chamar a atención sobre a problemática da contaminación nos nosos areais. E como xa fixemos en anos anteriores, dende o Grupo Naturalista Hábitat sumámonos novamente a esta boa proposta, desenvolvendo unha nova xornada no marco do noso programa “Hábitat sen lixo”.

Nesta ocasión achegarémos á praia do Orzán, onde faremos unha batida de limpeza do lixo presente no areal, con especial atención aos plásticos e microplásticos.

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o domingo 18 de outubro do 2020, de 10:30 a 13:30h. Para a participación é imprescindible a inscrición previa a través do formulario habilitado:

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014

Anímate e ven connosco!