O domingo, 11 de outubro do 2020, de 10:30h a 13:30h terá lugar un Hábitat Protexe na Praia de Razo-Baldaio, debido a cancelación da actividade do pasado 4 de outubro en celebración do Día das aves, da man de voluntari@s do G.N.Hábitat.

O recadado destinarase INTEGRAMENTE para as tres entidades: Fundación Fragas do Mandeo (FFM)BETULA, Asociación para a Custodia do Bosque Atlántico e Asociación Galega de Custodia do Territorio.

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. Para poder asistir tes que inscribirte neste formulario:

Tes ata o venres, 9 de outubro do 2020, para inscribirte.

Logo no correo de confirmación recibirás as instrucións para realizar o abono:

  • Socios G.N. Hábitat: Gratuito (as cotas de socio do G.N.Hábitat xa aportan anualmente a entidades de custodia).
  • Nenos (menores de 14 anos): 3€
  • Adultos (maiores de 14 anos): 5€

Se quixeses aportar máis á entidade coa que participamos nesta actividade será moi ben recibido, axudará a protexer o noso.

No correo de reserva de praza recibirás as instrucións para realizar o abono.

É importante que recordes que para asistir a estas actividades é necesaria a inscrición previa e o pago por anticipado. Non se admitirán na actividade a persoas non apuntadas ou que non fixesen o pago no prazo establecido. 

Todos os participantes contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate e ven connosco!