Velaquí unha nova ocasión para sumarte connosco á retirada de residuos da nosa contorna. Nesta ocasión repasaremos o areal que xa visitamos en pasadas xornadas, a praia de San Amaro (A Coruña), para retirar canto lixo atopemos, sen esquecernos da necesaria tarefa de ollar ás posibles bágoas de serea que puideran quedar. 

A xornada, de balde e aberta ao público, terá lugar o domingo 21 de xaneiro, de 16 a 18:30h. Para a participación é imprescindible a inscrición previa a través do seguinte formulario habilitado:

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado.

Todos os participantes que sexan confirmados vía email contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada, e recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade.

Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014

Anímate e ven connosco!