O mércores, 9 de xullo, e o xoves, 10 de xullo de 2025, continuamos sumando esforzos a prol do coidado do medio ambiente con catro accións de voluntariado ambiental no marco dos programas “Hábitat sen lixo” e “Hábitat sen EEI”. Durante estas xornadas realizaremos, por unha banda, unha limpeza de residuos na contorna natural e, pola outra, a retirada dunha especie exótica invasora, Tradescantia fluminensis, no concello de Oleiros.
Nestas catro actividades participarán ducias de rapaces e rapazas que están a gozar das súas vacacións de verán no campamento Deporte y Gestión. Grazas á súa colaboración, conseguiremos un recuncho de natureza máis libre de lixo e de especies invasoras.
Moitas grazas por animárvos a participar connosco!

Leave A Comment