Este domingo, 13 de xullo de 2025, de 10:30 a 13:30h, convidámoste a participar nunha actividade especial dedicada ás bolboretas no concello de Alfoz (Lugo). A través dun paseo interpretativo, aprenderemos a identificar as principais especies, coñeceremos as súas estratexias de defensa, a importancia das plantas nutricias e o seu papel fundamental nos ecosistemas como polinizadoras e bioindicadoras da calidade ambiental. 

A actividade enmárcase nun proxecto máis amplo que busca coñecer, valorar e protexer a biodiversidade deste territorio único, grazas ao apoio de Golden Valley Galicia Verde.

As prazas son limitadas e de balde. A actividade está pensada para todas as idades e non require coñecementos previos, tan só curiosidade e ganas de gozar da natureza. 

É importante que lembres que para asistir a estas actividades é necesaria a inscrición previa. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. Para poder asistir tes que inscribirte neste formulario:

 

O punto de encontro será confirmado ás persoas inscritas previamente. Non se admitirán na actividade a persoas non apuntadas. Todos os participantes recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade. Prégase seriedade e compromiso na asistencia ás actividades. Se unha vez confirmada a túa praza non puideras acudir, infórmanos da situación á maior brevidade posible, farás que outra persoa poda gozar da xornada.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Anímate a coñecer de preto o fascinante mundo das bolboretas!!