Este domingo convidámoste a participar nun novo obradoiro para achegarte á natureza dende o noso local. Desta volta, a través da papiroflexia, ou origami, que é a arte de orixe xaponesa do pregado do papel. Aprenderemos a sacarlle recreando figuras de animais, como bolboretas ou raposos.

Ao longo do obradoiro traballaremos cun material sinxelo e accesible e coñeceremos aspectos da vida das especies representadas, fomentando a creatividade, a paciencia e o respecto pola natureza. A través do xogo e da experimentación manual, descubriremos como o papel pode converterse nun recurso expresivo para representar a biodiversidade que nos rodea, nunha actividade pensada para desfrutar en grupo e apta para todas as idades, sen necesidade de coñecementos previos.

Esta actividade está enmarcada no programa Hábitat Protexe, e o importe que se recade destinarase e os fondos recadados destinaranse a accións de conservación ambiental a través da custodia do territorio. Terá un custo de 10 € e 5 € para as persoas adultas e menores de idade socias do Grupo Naturalista Hábitat, e de 15 € e 10 € para as que non o son.

A xornada, aberta ao público, terá lugar o domingo, 25 de xaneiro, ás 17 h no local social do G.N. Hábitat. Para participar é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza nas actividades ata non recibir confirmación por parte do G.N. Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014

Anímate e ven connosco!