Este domingo realizaremos un Hábitat Protexe de observación de aves no encoro de Abegondo-Cecebre. Aproveitando que contamos con observatorios que nos resgardan da chuvia prevista para esta fin de semana, poderemos seguir aprendendo sobre as aves durante o inverno.

A xornada, aberta ao público, terá lugar o domingo, 25 de xaneiro, de 10:30 a 13:30 h no encoro de Abegondo-Cecebre. Para participar é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do formulario habilitado:

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza nas actividades ata non recibir confirmación por parte do G.N. Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org981 135 014

Anímate e ven connosco!