O vindeiro sábado, 14 de setembro, tes unha cita coa ornitoloxía no encoro da Fervenza! A actividade, promovida polo Concello de Vimianzo, contará cos compañeiros do G.N. Hábitat para achegar á cidadanía o coñecemento, o respecto e a importancia das aves na nosa contorna.

A xornada se desenvolverá en horario de mañá de 10:30 a 13:30h, e contará coa seguinte

PROGRAMACIÓN

  • 10:30/11:15.  Iniciación á ornitoloxía

Charla teórica no Centro de Interpretación do Encoro da Fervenza (O Orbellido, Baíñas). Coordenadas: 43°01’09.3″N 8°59’32.8″W (ver localización no mapa).

  • 11:15/13:30. Roteiro ornitolóxico

Paseo guiado, co obxectivo da observación e identificación de aves presentes na contorna do encoro.

A asistencia é gratuita, así e todo as prazas son limitadas, sendo imprescindible a inscrición previa a través do formulario online habilitado polo Concello:

Acceso ao formulario de inscrición

Recomendacións:

  • Leva roupa cómoda, calzado axeitado, auga e comida para a xornada (se a consideras necesaria).
  • Os organizadores achegarán o material imprescindible para o correcto desenvolvemento da actividade. Así e todo, aconséllase levar caderno de campo para anotacións, prismáticos, telescopio e/ou cámara de fotos, de ter de seu.
  • Infórmate da previsión meteorolóxica e toma as precaucións necesarias.
  • Respecta a contorna natural e segue as instrucións dos monitores na actividade.

Máis información na web de turismo do Concello de Vimianzo.

www.vimianzo.gal/turismo – 981 716 354 – turismo@vimianzo.gal

Achégate ás aves!