cartel_ci-habitat_22outubro

O vindeiro sábado 22 de outubro colaboraremos na celebración do Día Solidario das Empresas cunha xornada en prol da divulgación e conservación ambiental na contorna da nosa cidade.

Este evento, promovido pola ONG Cooperación Internacional e Atresmedia, ten como obxectivo ser unha xornada na que se facilite a participación social das empresas a través do voluntariado corporativo, que está a supoñer hoxe día unha magnífica ferramenta grazas a cal as empresas contribúen de xeito activo e voluntario á mellora non soamente económica, senón tamén social e ambiental da sociedade da que forman parte.

Agardamos poder compartir experiencias, coñecementos e, de seguro, pasar unha estupenda xornada de traballo en equipo.