De novo gran participación nesta edición, nenos e maiores de todas a idades achegáronse un ano máis á natureza a través do debuxo, mostrando as súas capacidades artísticas logo de participar no XII Certame de Debuxo da Natureza “Vida silvestre do encoro de Cecebre”.
Esta nova convocatoria foi denominada co título “Inverno no encoro” preténdese dar a coñecer as especies que podemos ver nas diferentes estacións do ano. O inverno é unha época de calma e tranquilidade, marcada polo frío e a espera de tempos mellores. Moitos insectos agóchanse para pasar os meses fríos, mentres que outros prosperan alimentándose e medrando. As árbores caducifolias perden as súas follas, deixando á vista liques que indican a calidade do aire. Moitas aves migran a zonas máis cálidas, mentres outras chegan ao encoro de Abegondo-Cecebre para invernar. Os morcegos buscan refuxio en covas ou árbores vellas. Mamíferos carnívoros buscan alimento, aproveitando os cambios estacionais. Os anfibios comezan a súa época de cría baixo as chuvias invernais. A medida que os días se alongan, plantas como os narcisos e as violetas bravas anuncian a chegada da primavera.
Este ano achegáronse un total de 165 ilustracións, dun total de 114 participantes, unha gran acollida, ao igual que nas edicións anteriores!
O reparto por categorías foi o seguinte:
- 1ª Categoría (menores de 14 anos): 74 ilustracións, dun total de 44 participantes.
- 2ª Categoría (maiores de 14 anos): 72 ilustracdións, dun total de 70 participantes.
- Fora de concurso: 19 ilustracións que non cumpren a normativa do certame.
Moitas grazas a todos pola vosa participación!
Continuamos agora co proceso. Nos vindeiros días o xurado fará a selección das obras gañadoras, que serán publicadas na nosa web gnhabitat.org segundo o especificado no apartado 9 das bases reguladoras…Estade atentos!
Promove: Colabora:



Leave A Comment