Outro ano máis que remata. Hoxe despedimos ao 2021 con forza, para que o ano 2022 veña mellor e sen dificultades, que xa vai tocando. Levamos dous anos un pouco atravesados, a verdade. Aínda así nós seguimos traballando para compartir con tod@s vós a natureza que nos rodea e seguir protexéndoa cada vez un pouco máis e mellor.
Este ano chegamos a 18.500 persoas en 93 actividades que se realizaron con moita ilusión e dedicación gracias a tod@s @s nos@s soci@s e colaboradoras e colaboradores. Fixéronse charlas online, Encontros Naturalistas, Actividades exclusivas para @s nos@s soci@s, a primeira Escola Naturalistas de verán, dous Maratóns ornitolóxicos, o IX Certame de debuxo, Hábitat Protexe, Roteiros interpretativos, Xornadas de voluntariado ambiental (Hábitat sen lixo), Actividades divulgativas en centros de ensino, Xornadas de Responsabilidade Social Corporativa, … e moitas máis. Moitas destas actividades en colaboración coa Diputación de A Coruña. Ademais este ano tivemos a primeira persoa en prácticas da Universidade de A Coruña, Leticia Álvarez, de quen estamos moi orgullosos por ternos escollido e das experiencias vividas xunt@s este verán.
Outro ano máis estivemos implicados en multitude de proxectos como o da Custodia da Píllara das dunas, Lucanus Cervus, Proxecto Noucho, Inspección praias da Coruña, o recen estreado Proxecto Vixias, Informes da biodiversidade de diversos espazos, Proxecto biodiversidade do Monte da fraga da man da Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña (OMA-UDC), censos de ornitolóxicos, Especie do ano da rbMCeTM, Aprendizaxe e Servizo coa Universidade de A Coruña coas Facultades de Ciencias (Departamentos de Botánica e Etoloxía) e Dereito e Empresariais, etc… Este ano ademais sumamos unha radio máis as nosas intervencións semanais, Cadena Ser. Polo que agora colaboramos semanalmente en Radio InterCoruña, Onda Cero e Cadena Ser, ademais das intervencións puntuais ao longo do ano en diversos medios de comunicación.
Este ano seguimos como fai xa 4 anos co convenio de custodia e voluntariado co Concello da Coruña, gracias o cal seguimos traballando no control de Carpobrotus edulis, na contorna do ENIL da Torre de Hércules. Ademais de seguir traballando con esta especie noutros espazos e mirando outros para controlar unha das moitas especies exóticas invasoras que poñen en perigo a conservación dos espazos naturais.
Este 2021 fixemos varias actividades de Hábitat Protexe para as entidades de Custodia do Territorio. A máis relevante a do día das aves, na que chegamos a 121 persoas en dous días. Todo un éxito. Gracias o cal recadamos un total de 718 €, que suman un total de 1.954,10 € xunto co aportado anualmente polas cotas de socios (un 10% do total da cota) a F. Fragas do Mandeo e a Betula; e ao proxecto da Asociación Galega de Custodia do Territorio da conservación da flora serpentínica. Este ano tamén integramos unha entidade nova de custodia do territorio, Brexa.
Este ano sumamos un par de mans máis na parte de asesoramento e denuncia ambiental, as da nosa compañeira Sara, gracias a quen conseguimos realizar 47 procesos en prol da protección do medio natural (a meirande parte deles a proxectos de macro-parques eólicos)e tamén apoiamos económicamente á Plataforma pola Defensa da Cordilleira Cantábrica para que defenda xuridicamente a nosa paisaxe. Ademais participamos en consellos consultivos da Administración (Pesca, Caza e Medio ambiente) e intervindo activamente en varias plataformas cidadás para a defensa do medio natural.
Este novo ano 2022 intentaremos seguir medrando pouco a pouco con tod@s vós para que xunt@s poidamos seguir desfrutando do que máis nos gusta que é a Natureza.
Grazas a todos por compartir este ano con nós!!
Saúde e Natureza para o 2022!!
A Xunta Directiva do G.N. Hábitat.

Leave A Comment