Comprácenos comunicarvos que xa temos aberto o prazo de inscrición para a IX promoción da nosa Escola de Naturalistas!

A Escola 2021 vai a ser un pouco diferente ás edicións anteriores, pero o que non cambiará serán as gañas de desfrutar da natureza que nos rodea na vosa compaña.

Desta volta plantexamos realizar varias saídas multidisciplinares visitando algúns dos enclaves máis significativos da nosa comunidade.

Nelas, acompañados de varios expertos naturalistas, afondarase de xeito teórico e práctico nas diferentes técnicas e áreas do naturalismo (botánica, ornitoloxía, mastozooloxía, entomoloxía, e moitas outras), consolidando así un programa que abrangue, en gran medida, os diferentes aspectos necesarios para un completo aprendizaxe no eido ambiental.

As diferentes saídas transcorrerán dende agosto a outubro de 2021. Para información máis detallada sobre esta actividade, consulta as bases dispoñibles na seguite ligazón:

 

 

Se estás interesado en participar, remítenos a túa solicitude antes das 14:00 horas do martes 17 de agosto de 2021 (data de peche de inscricións), enchendo e enviando debidamente o formulario de inscrición dispoñible na seguinte ligazón:

 

Se che gusta a natureza e tes ganas de aprender un pouco máis sobre ela, esta é a túa oportunidade!

Cota de inscrición:

  • 40€ para maiores de idade e 20€ menores.
  • Socios do G. N. Hábitat, 50% de desconto.

Dúbidas en comentarios en inscricion@gnhabitat.org | 981135014


Coa colaboración de