Presentámosvos o novo proxecto VIXIAS, no que levamos un tempo traballando. Fainos especial ilusión poder traballar con vos unha vez máis facéndovos partícipes do coidado do medio natural.
O noso propósito con este proxecto é dar cobertura e recoller os datos e a información que nos fagades chegar acerca das ameazas medioambientais da vosa contorna próxima, a través do seguinte formulario, que tamén poñeremos á vosa disposición dentro dos grupos de traballo da nosa web (colabora/grupos de traballo).
Con todos os datos, dende o G.N. Hábitat poderemos coñecer e reflectir a magnitude dos problemas ambientais existentes. Podendo informar ás autoridades competentes sobre os impactos recollidos, fomentando o traballo colaborativo e procurando actuar en consecuencia, co fin ultimo de paliar ou eliminar as ameazas detectadas.
¿Queres participar e vixiar?
Atopa toda a información en
A VIXIAR!
Contacto cos responsables do proxecto:
Para resolver calquera dúbida, podes contactar connosco a través de vixias@gnhabitat.org
Colabora


Leave A Comment