Segundo Premio (100 euros) Terceiro Premio (50 euros)
Autora: María Yolanda Martínez Balado Autora: Rebeca Losada Blanco
Título da obra: Otoño Título da obra: Picapeixe
Aquí tedes as 3 ilustracións gañadoras no I Certame de Debuxo da Natureza “Vida silvestre do encoro de Cecebre“. As 9 restantes escollidas polo xurado, e que tamén aparecerán no vindeiro Calendario 2014 do G.N. Hábitat, foron as seguintes:
– Xoaniña de sete puntos (Coccinella septempunctata): María Yolanda Martínez Balado
– Crista de galo (Serapias lingua): María Yolanda Martínez Balado
– Lagarto das silvas (Lacerta Schreiberi): Rebeca Losada Blanco
– Rela (Hyla arbórea): Lorena Guinea Trigo
– Teixugo (Meles meles): Mónica Fernández López
– Ícaro (Polyommatus icarus): Susana Gómez Ríos
– Choupin (Macrolepiota procera): Andrea Rodríguez López
– Garza real (Ardea cinerea): Diana Sobrado Esporas
– Anguía (Anguilla anguilla): Irene Lema Suárez
Noraboa a todos os gañadores!
Do mesmo xeito, o xurado decidiu conceder tamén dúas mencións especiais:
– Mención especial do xurado pola súa orixinalidade a Marta González Vila, pola súa obra titulada “Garza presumida”.
Finalmente, ademáis dos agasallos previstos nas bases reguladoras, outorgaranse tamén diplomas acreditativos da súa participación no certame a todos os autores anteriormente nomeados, así como tamén a aqueles que resultaron gañadores nas restantes categorías que foron excluídas polo xurado para a súa aparición no calendario, e que corresponden a:
– Píntega común (Salamandra salamandra): Irene Lema Suárez
– Lontra (Lutra lutra): Carmen Mejuto Gayoso
– Corzo (Capreolus capreolus): María Isabel Baña Roibas
– Lirio amarelo (Iris pseudacorus): Nuria Bouzas Loureiro
– Amieiro (Alnus glutinosa): Andrea Rodríguez López
Recordámosvos que todas as obras (165 ilustracións), premiadas ou non, serán expostas na sala de exposicións da sede da empresa Emalcsa, C/ Manuel Murguía, s/n -Edificio Casa del Agua, planta baixa- 15011 (A Coruña), e poderán ser visitadas, previsiblemente, dende o día 26 de novembro ata o día 16 de decembro de 2013. O horario da sala é de luns a venres (7:30 a 23), sábados (9:30-22); domingos e festivos (9:30 a 21).
O acto de entrega de premios terá lugar, previsiblemente, ás 20:30 h. do luns día 16 de decembro de 2013, en acto público, que será celebrado na sala de exposicións da sede de Emalcsa, e no que agradeceremos a presenza de todos os participantes no certame.
Calquera modificación nas datas da exposición das obras ou do acto de entrega de premios será publicado no blog e redes sociais do G.N. Hábitat, así que estade atentos!
Moitas grazas a todos!













Leave A Comment