Mañá, mércores 21 de maio, convidamos a todas aquelas persoas interesadas na xestión dos espazos naturais a participar nun novo Falanado de Natureza online, ás 20h, titulada “Turismo e espazos naturais: exemplos de xestión en Galicia e Canarias“. Contaremos con Carlos Vales Vázquez, director do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) e naturalista implicado na creación do Parque Natural das Fragas do Eume; e con Ángel Fernández López, ex-director do Parque Nacional de Garajonay (illa da Gomera, Canarias), e persoa moi implicada na conservación e divulgación dos valores naturais deste espazo natural. Será, precisamente, nunha semana importante para os espazos naturais: ese mércores é o Día da Rede Natura 2000 e o sábado será o Día Europeo dos Parques Naturais.
O relatorio, de balde e aberto ao público. Poderás conectar libremente ao directo a través das nosas canles nas redes sociais, e facer as túas consultas por escrito. Rematado o faladoiro daremos paso a un breve tempo de preguntas, atendendo na medida das posibilidades a todas aquelas que fosen recibidas.
Podes seguir o directo na nosa canle de Youtube:
E tamén:
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014

Leave A Comment