Este sábado, 1 de agosto de 2026, de 11 a 14 h, faremos un novo Encontro Naturalista cunha camiñata polo paseo marítimo de Caión e unha incursión ao seu intermareal. Observaremos tanto especies mariñas como terrestres asociadas aos ambientes de matogueiras costeras.
Durante a actividade aprenderemos a identificación das especies máis representativas da zona, coñeceremos as principais características que presentan para vivir neses entornos e comprender o seu papel no ecosistema.
Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:
As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G.N.Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.
Esta actividade está integrada no Programa de accións ambientais 2026 coa Deputación da Coruña.
Dúbidas e comentarios en inscricion@gnhabitat.org│981 135 014
Achégate connosco!

Leave A Comment