Algunha vez viches o mar iluminarse na escuridade cun intenso brillo azul? Este espectacular fenómeno natural, coñecido como mar de ardora ou ardentía, é un dos eventos máis fascinantes que poden observarse na costa galega.

Co obxectivo de achegar á cidadanía as claves para comprender este fenómeno, levaremos a cabo o faladoiro divulgativo “Mar de Ardora”, no que descubriremos que organismos producen esta bioluminiscencia, por que se produce, en que condicións pode observarse e cal é a importancia ecolóxica deste fenómeno no medio mariño.

A actividade terá lugar o martes 7 de xullo de 2026 ás 20:00 h na OMIX de Sada, e está dirixida a todas aquelas persoas interesadas na natureza, no litoral galego e na divulgación científica. 

A participación é de balde e aberta a todos os públicos, previa reserva de praza (inscrición) a través do seguinte formulario habilitado:

 

 

As prazas son limitadas. Seguirase unha rigorosa orde de inscrición ata completar o máximo de participación. O feito de cubrir o formulario non asegura praza na actividade ata non recibir confirmación por parte do G. N. Hábitat a través do correo electrónico achegado na inscrición.

Todos os participantes que sexan confirmados vía e-mail recibirán a información e recomendacións que sexan precisas para poder gozar da actividade, e contarán cun seguro de accidentes e responsabilidade civil durante o desenvolvemento da xornada.

Esta actividade forma parte do proxecto “Estudo e divulgación do medio mariño e costeiro no GALP GA Sur 2025”, co que GN Hábitat promove a conservación e posta en valor do litoral a través de accións de seguimento ambiental, recuperación de espazos costeiros e actividades de divulgación e sensibilización cidadá. Conta co financiamento da Unión Europea, a través do Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e da Acuicultura (FEMPA), e pola Xunta de Galicia. 

Dúbidas e comentarios en mares@gnhabitat.org981 135 014

Coñecer o noso litoral é o primeiro paso para protexelo. Agardámoste!