O martes 12 de agosto de 2025, de 22 a 01h, celebraremos un novo Encontro Naturalista, desta volta no Monte Xalo, cunha actividade nocturna moi especial dedicada á observación e mostraxe de avelaíñas.
As avelaíñas son un grupo diverso e pouco coñecido que xoga un papel fundamental nos ecosistemas como polinizadores e parte esencial das cadeas tróficas. Durante a actividade realizaremos unha mostraxe con métodos específicos para atraer e identificar diferentes especies, o que nos permitirá coñecer mellor a súa diversidade e distribución neste espazo natural.
Esta saída será exclusiva para persoas socias do Grupo Naturalista Hábitat. Para a asistencia e participación é imprescindible a reserva de praza (inscrición previa) a través do seguinte formulario habilitado:
As prazas son limitadas e asignaranse por rigorosa orde de inscrición. A reserva non será efectiva ata recibir confirmación por parte do G.N. Hábitat a través do correo electrónico facilitado no formulario.
Se tes dúbidas ou precisas máis información, podes escribir a inscricion@gnhabitat.org ou chamar ao 981 135 014.
Anímate a participar connosco!

Leave A Comment